miércoles, 3 de junio de 2009

Galiza, 8 de maio: Mobilizacións conxuntas do sector leiteiro en 14 cabeceiras de comarca

Devanditas accións consistirán maiormente en manifestacións, se ben nalgunhas localizacións as e os asistente levarán a cabo concentracións. As duración total das accións reivindicativas será de dúas horas aproximadamente
Asemade, foi solicitado o peche do comercio local, escolas e servizos públicos e privados nas cabeceiras comarcais onde se visualizarán as reivindicacións. As organizacións agrarias agardamos un forte seguimento desta solicitude de paro na actividade.
http://www.kaosenlared.net/noticia/galiza-8-maio-mobilizacions-conxuntas-do-sector-leiteiro-14-cabeceiras

Os traballadores do metal ameazan con convocar unha folga indefinida

Os traballadores iniciaron a quinta xornada de folga cunha marcha pola cidade que partiu desde os estaleiros de Beiramar e Bouzas.

Os traballadores do metal, reunidos nunha asemblea no Concello de Vigo ameazaron con iniciar unha folga indefinida, ao non poder alcanzar un acordo coa patronal. Aseguran que os empresarios continúan «co seu mesmo discurso de sempre», a pesar da mediación da administración pública.
A próxima semana os paros no sector repetiranse o mércores e o xoves, mentres que para o venres os representantes dos traballadores convocaron unha folga xeral de todo o sector. A partir de aí, os sindicatos manexan a idea de convocar e desconovocar protestas intermitentemente e facerse así notar. Pediron aos traballadores que fagan un esforzo e que secunden as protestas que se irán convocando a partir da semana que vén; e é que os paros levados a cabo ata agora xa se viron reflectidas nas nóminas deste mes.

A actitude irresponsábel da UE agrava inda máis a situación do sector leiteiro

Lídia Senra Rodríguez, secretaria de organización do SLG e responsábel dos sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina, declarou hoxe que a opción proposta dende o Consello de adiantar para o 2009 o 70% das subvencións establecidas para o sector produtor no 2010 “non é solución ningunha, “xa que eses cartos son do sector, xa lles correspondían houbera ou non a catastrófica situación actual. Un “plan de choque” precisa dun outro orzamento, uns fondos novos, non os que xa eran dos produtores e produtoras”.

Tanto a Comisión Europea como os ministros e ministras de agricultura da UE, a actual situación pola que pasa o sector lácteo, amosaron unha actitude totalmente neglixente e irresponsábel ao declinar a posibilidade de establecer medidas contundentes que rematen coa actual crise.

Polo tanto, se a Comisión quixera facer un “plan de choque” para evitar que pechen explotacións, até que foran postas en marcha as medidas que solicitamos en nome do sector produtor por medio da Coordenadora Europea Vía Campesina, terían que engadir un outro orzamento, non “reciclar” o que xa lle pertence ao sector por dereito.

A solución desta crise e consecución da estabilidade para o sector é a vía política, a dunhas leis elaboradas polo Consello de Ministros e Ministras da UE pensando nas persoas e non nas empresas que se disputan o mercado internacional.

Neste senso, dende a Coordenadora Europea Vía Campesina, ao igual que dende o SLG -que forma parte desta organización internacional- instamos á Unión Europea a reducir a produción: é necesario suprimir o aumento da cota do 1% deste ano e acometer a redución da cota global europea até obter un equilibrio entre a oferta e a demanda.

Por outra banda, cómpre manter un control público da produción, a UE ten que dar marcha atrás na decisión de abandonar as cotas en 2015.
As medidas políticas elaboradas dende os órganos europeos que regulan a produción agraria teñen que ir encamiñadas a garantir unha renda suficiente a todos os produtores/as de leite, algo só posible a través dun control, dunha mellor distribución da cota e dun prezo mínimo de compra por parte das industrias lácteas.

A situación de crise actual confirma que as medidas elaboradas polo Consello de Ministros e Ministras de Agricultura no que deron en chamar “chequeo médico da PAC” son totalmente equivocadas, non se axustan á realidade do sector e moito menos vai encamiñado a obter unha mellora na situación das persoas que producen leite.

Estas decisións foron unha total irresponsabilidade e inda é máis irresponsábel seguir a manter esta política, rexeitada totalmente polas labregas e labregos, como están a demostrar as mobilizacións que están tendo lugar en toda Europa.

El Gobierno cuestiona la legalidad de las ayudas al sector lácteo gallego

El Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino cuestionó ayer que el plan de choque ideado por el Gobierno de Alberto Núñez Feijoo para inyectar 70 millones de euros a corto plazo en el sector lácteo gallego sea compatible con las normas comunitarias que regulan los adelantos de ayudas de la Política Agraria Común (PAC).
Fuentes del departamento de Elena Espinosa advirtieron de que la comisaria de Agricultura, Marian Fischer Boel, ya había mostrado su postura sobre el tema durante la reunión que los ministros de Agricultura de los Veintisiete celebraron en Luxemburgo el pasado 23 de abril. En ese cónclave, la delegación alemana, con el apoyo de Bélgica, los Países Bajos y Lituania, propuso adelantar algunos pagos de la PAC para hacer frente a la falta de liquidez que padecen muchas explotaciones lecheras de la Unión Europea.
Dificultades
Según rezan las conclusiones que se hicieron públicas tras el encuentro, la comisaria reconoció «las dificultades a las que tienen que enfrentarse determinados agricultores debido a la crisis financiera». Pero también recordó que «según las normas presupuestarias, la fecha más cercana para los anticipos sería el 16 de octubre, dentro del límite máximo del 75% del importe total y siempre que concurran todas las condiciones» que establece la normativa comunitaria.
La Xunta defendió ayer que su idea no consiste en adelantar pagos directos de la PAC, sino en mediar con las entidades bancarias para que proporcionen créditos puente a los ganaderos que los necesiten, por el importe de las ayudas que legalmente les corresponden. El Ejecutivo autónomo sufragaría el pago de los intereses de esos préstamos, que los ganaderos reintegrarían en el momento de recibir las ayudas.
«A Xunta nega taxativamente que se estea anticipando o pago único aos nosos agricultores e gandeiros», aseguró ayer el Gobierno gallego, en una nota de prensa en la que garantiza «a legalidade desta medida».
El pago de las ayudas de la PAC, según el Ejecutivo de Feijoo, «non se fará efectivo ata o 1 de decembro, como todos os anos». Pero el avance del dinero mediante préstamos dará a los productores «un mínimo de circulante que lles permita subsistir mentres non se apliquen coa intensidade adecuada outras medidas a nivel estatal que axuden a frear as devastadoras consecuencias que para Galicia está a ter a caída dos prezos da leite».

O Sindicato Labrego Galego, contra a extracçom de quarzo na Terra Chá

O SLG apresentouse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e a Pastoriza de non concederlles licenza para a extracción.
O Sindicato Labrego Galego, vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerarse outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.
Tamén no ano 2008 Erimsa tiña presentado escrito nos concellos para que pasados os tres meses dende a presentación o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.

O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.
http://www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-contra-extraccom-quarzo-na-terra-cha
O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=245

sector do metal: Os sindicatos chaman hoxe á terceira folga do metal pola falta dun convenio colectivo

Os sindicatos convocaron para hoxe aos 25.000 traballadores do sector do metal de Pontevedra á primeira das dúas xornadas consecutivas de folga, debido á non aprobación dun convenio colectivo que levan negociando desde o pasado mes de marzo. Onte, nunha reunión celebrada entre os representantes laborais, os mediadores e os propios portavoces sindicais de UXT, CC.?OO. e a CIG, non se alcanzou un acordo que puidese evitar a convocatoria desta mañá, xa que o principal escollo, por non dicir o único, non puido liquidarse ao non estar de acordo os negociadores en acomodarse á petición da outra parte.
Segundo fontes da negociación, a patronal ofreceu unha subida salarial para o exercicio en curso do 1,4% -correspondente ao IPC real do ano pasado- ademais dun 0,5% máis para o 2009, e o IPC para o 2010. Os sindicatos non aceptaron esta proposta, que é a mesma realizada desde fai varias semanas, ata antes das tres convocatorias de folga dos últimos meses, e consideran que o incremento salarial debe situarse polo menos por encima do 4%.

«Puleva necesita a planta de Nadela, investimos moito alí»

A súa mensaxe é claro: o modelo de negocio de Puleva é distinto ao da «inmensa maioría» do sector, xa que o 80% do que comercializa son lácteos adaptados e só un 20% é leite básico. O subdirector xeral de Comercial e Mercadotecnia deste xigante do sector subliña a innovación e a diferenciación dos seus produtos como fórmula para «sortear» a crise mellor que a competencia, e despexa dúbidas sobre o futuro da planta que Puleva posúe en Nadela (Lugo). «Vivimos a nosa particular crise fai 15 anos, cando en 1994 suspendemos pagos, e daquilo extraemos moitas leccións», declara.
-Nun momento difícil, crítico para o sector lácteo, ¿cal é a situación de Puleva?
-O noso modelo de negocio é diferente e iso permitiunos sortear a crise de xeito relativamente satisfactorio, por iso non estamos padecendo as dificultades que, desgraciadamente, afectan aos nosos competidores. O noso é un modelo de valor, non de volume.
-Pascual acaba de anunciar o peche da súa planta galega. ¿Que plans teñen vostedes para a súa instalación de Nadela?
-Temos catro fábricas en España, estratexicamente situadas. Tivemos a sorte de que, entre o 2000 e o 2006, acometemos un proceso de reorganización e racionalización industrial e hoxe temos as fábricas que necesitamos: en Granada, en Sevilla, en Lleida e en Lugo.
-Así que non corre perigo...
-En absoluto. Alí procésanse entre 150 e 160 millóns de litros ao ano. é unha planta na que investimos 12 millóns de euros entre o 2003 e o 2008 na súa modernización, e isto ratifica a nosa aposta por ela. Goza dunha excelente saúde e abastece ao cuadrante noroccidental da Península polo que, logísticamente, temos que ter unha planta en Galicia. Ademais, é unha fábrica multiproducto de onde salguen, por exemplo, Puleva Calcio ou Puleva Omega 3, así como lácteos líquidos infantís, produtos de alto valor engadido, o cal garántelle a continuidade.
-¿Teñen previsto aumentar ou reducir o volume de produto que procesan alí?
-Non. No 2008 fíxose unha ampliación da súa capacidade produtiva do 30%. O noso volume alí é estable e no que traballamos é no proceso de substitución, é dicir, substituímos leites básicos indiferenciadas por leites adaptados que satisfán necesidades nutricionais dos distintos segmentos de poboación. Non pretendemos vender máis, senón mellor.
-Os produtores acusan á industria e á distribución de introducir leite foráneo e de baixa calidade a través das marcas brancas, co que os prezos se afunden...
-Non entramos na confrontación co sector nin coa distribución. Nós dedicámonos