Esta acción sorpresa non impediu que se celebre a reunión prevista entre sindicatos e patronal para negociar o convenio. O motivo desta mobilización, convocada exclusivamente pola CIG, é denunciar os contratos irregulares que se están realizandoa operario do sector.
A protesta de hoxe foi semellante á que fixo que a patronal rompese as negociaones cos sindicatos fai un par de semanas.
Desde que a mediación da Xunta conseguiu renovar as negociacións non se conseguiron grandes avances. Ambas as partes acúsanse de manter posturas inamovibles e o principal escollo da negociación segue sendo a duración do convenio.
Nas palabras dos representantes sindicais volvían entreverse onte anuncios de mobilizacións se a reunión de hoxe non daba froitos. O portavoz de UXT, Diego Atanes, advertía que se a patronal non recapacitaba habería que aplicar novas medidas de presión na rúa, opinión compartida polo representantes de CIG, Miguel Anxo Malvido
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario