miércoles, 29 de abril de 2009

a electricidade non se abaratará a pesar do descenso das cotizacións da materia prima debido ao déficit de tarifa.

Na súa reunión do 7 maio, o BCE volverá recortar os tipos na Eurozona, tal e como adiantou o seu presidente, Jean-Claude Trichet, en abril.

O Euribor continuou hoxe a súa serie #baixista\\\ e marcou un novo mínimo na súa cotización diaria no 1,734%, co que a media mensual de abril será do 1,77%.
Tras sete meses consecutivos de descensos, o indicador, o máis utilizado para o cálculo de hipotecas, pechará abril na cota máis baixa dos seus dez anos de historia e abaratará as hipotecas entre 3.000 e 5.800 euros ao ano.
O Euribor moderou este mes o refacho #baixista\\\ dos últimos meses e en tres ocasións experimentou lixeiras subidas, a pesar do cal perdeu en abril máis dun punto porcentual e bateu o mínimo histórico de marzo, cando pechou no 1,909%.
Segundo o consenso de analistas, a taxa ten aínda percorrido #baixista\\\ e situarase a mediados de ano no 1,5%, grazas a certa recuperación do mercado de crédito e á decidida política de baixada de tipos que o Banco Central Europeo (BCE) comezou a aplicar en outubro.
Na súa reunión do 7 maio, o BCE volverá recortar os tipos na Eurozona, tal e como adiantou o seu presidente, Jean-Claude Trichet, en abril.
Na actualidade, a taxa europea está no 1,25%, e os mercados dan por feito que en maio caerá ao 1%.

5 comentarios:

meer dijo...

pareceme ben que comentes a situacion do euribor actualmente e tal.. pero a proxima vez pon noticias mas faciles de comprender!!! o bo e facil dous veces bo!

raquel dijo...

No es tan dificil de entender, chataa!

meer dijo...

a mi me tratas por usted sta. hoult

raquel dijo...

Pois señora Carrasco, no é dificil de entender a noticia. A electricidade non se abaratará. Así que é mellor ter butano que nos rebaixan un 22,4%

meer dijo...

Jean-Claude Trichet non sabe de electrisidadé! ou que!