miércoles, 1 de abril de 2009

A taxa de paro de España

España seguiu sendo en febreiro o Estado membro da UE coa taxa de paro máis elevada, o 15,5% da poboación activa, que xa case duplica a da eurozona. O desemprego seguiu aumentando en febreiro na zona do euro, onde xa afecta ao 8,5% da poboación activa, e na UE, cuxa taxa está no 7,9%, en ambos os casos dúas décimas máis que en xaneiro.

No último ano, o paro pasou en España do 9,3% ao 15,5%, mentres que na media dos seus socios comunitarios aumentou 1,3 puntos porcentuais (eurozona) e 1,1 puntos (toda a Unión). España tamén está á cabeza dos Vinte e sete en paro xuvenil (31,8%) e feminino (16,3%), pero en paro masculino (14,8%) supéranlle Letonia e Lituania.

En España, a taxa de paro masculino elevouse en febreiro ao 14,8%, tras subir sete décimas en relación a xaneiro e 7,1 puntos respecto de febreiro de 2008, mentres que o feminino chegou ao 16,3%, cinco décimas máis que en xaneiro e 5,1 puntos máis que no mesmo mes do ano anterior. Para rematar, o paro afecta ao 17,3% dos menores de 25 anos na zona do euro e ao 17,5% nos Vinte e sete (nos dous caso 2,8 puntos máis

No hay comentarios: