miércoles, 1 de abril de 2009

Os prezos caen en España por primeira vez nos últimos 46 anos

Hoxe a cesta da compra é máis barata que fai un ano e a posibilidade de deflación parece menos remota. O afundimento da cotización do petróleo situou por primeira vez a taxa interanual de inflación en valores negativos. O indicador adiantado do índice de prezos ao consumo harmonizado (IPCA) estima que os prezos caeron en marzo un 0,1%, unha diminución de oito décimas respecto do 0,7% que a taxa marcou en febreiro. Se o dato do IPC xeral que o INE dará a coñecer o próximo 15 de abril confirma ese retroceso, a inflación baterá todas as súas marcas á baixa.

No hay comentarios: