miércoles, 1 de abril de 2009

Epifanio Campo faise co 10% do Banco Galego

Tras a ampliación de capital, 71 millóns de euros, o empresario Epifanio Campo converteuse no terceiro máximo accionista do Banco Galego. O ex socio do grupo Añón e presidente de Nova Cerámica conta agora co 10% da entidade, a través de dúas sociedades, conforme á composición do novo goberno corporativo que o banco remitiu onte á CNMV.

Como máximo socio da firma mantense Caixanova, e a súa participación aumentou lixeiramente, do 49,78% ao 49,84%. Séguelle Juan Manuel Ungría, que ostenta o 10,5% do capital. Juan Manuel Urgoiti, quen era o segundo socio pasou agora ao cuarto lugar ao baixar a súa porcentaxe sobre o capital social ao 6,8%. BNP baixa ao 3,9% do mesmo xeito que fai Inditex: ten agora o 3% do banco, fronte a unha posición do 4,3% no 2007.

No hay comentarios: