miércoles, 15 de abril de 2009

Historia da Leite Feiraco

A constitución da Cooperativa Feiraco remóntase ao ano 1968 coa denominación de COOPERATIVA FORRAXEIRA DE NEGREIRA (FEIRACO). Naceu a partir dun numeroso grupo de agro gandeiros das parroquias situadas no Val de Barcala (Zona de Negreira-A Coruña) que, a súa vez, estaban integradas en Cáritas Interparroquial de Negreira coa preocupación de mellorala situación económica e social dunhas familias cunha economía de subsistencia. Os Concellos e algunhas institucións públicas tamén colaboraron nos primeiros momentos, sempre baixo a dirección e a inspiración de D. Xesús García Calvo (primeiro e actual presidente) asistido polo Consello Reitor. O primeiro paso foi dirixido cara a construción dunha fábrica de forraxes (pensos compostos) para a alimentación do gando vacún, ademais doutras iniciativas como importación de becerras de alta xenética, compra de sementes, comercialización de fertilizantes químicos, etc. A fábrica inaugúrase no ano 1970 (o 10 de xuño prodúcese o primeiro penso), para ser remodelada e ampliada no ano 1992, pasando por sucesivas innovacións. Despois da posta en marcha da fábrica de pensos, constitúese unha nova sección (FEIRALATO) para a comercialización directa do leite dos socios produtores a través da industria láctea transformadora (1º de setembro de 1971). Entre os anos 1975 e 1977 ponse en marcha o envasado de leite uperizada (UHT en tetra brik) dando un paso máis coa inauguración da nova planta de transformación de leite e pásase á comercialización directa co nome de FEIRACO.

1 comentario:

samuel dijo...

Esta noticia ten interese xa que nos amosa a historia de Feiraco, unha productora de leite de mais sona en Galicia. Estou deacordo con lucas xa que é unha das mellores noticias que lín nunca. Eu doulle un 10!!!!!