miércoles, 3 de junio de 2009

O sector leiteiro da Galiza está en loita. Demandamos un prezo que nos permita vivir do noso traballo

Ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida. ACTUALIZADA CON IMAXES E VIDEOS.

Perante das informacións ao respeito de posíbeis solucións para as dúas explotacións d´A Mariña ás que Lácteos Lence suspendeu a recollida o pasado sábado por tentaren negociar un prezo para o seu leite, o Sindicato Labrego Galego quere transmitir:

Que ás 11.00h do presente mércores 27 de maio, ningunha empresa se puxo en contacto cos gandeiros afectados, pese á comunicación realizada polo alcalde de Barreiros a estas dúas explotacións de que había posibilidades de recollida.

Que ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida.

No hay comentarios: