miércoles, 3 de junio de 2009

O Sindicato Labrego Galego, contra a extracçom de quarzo na Terra Chá

O SLG apresentouse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e a Pastoriza de non concederlles licenza para a extracción.
O Sindicato Labrego Galego, vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerarse outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.
Tamén no ano 2008 Erimsa tiña presentado escrito nos concellos para que pasados os tres meses dende a presentación o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.

O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.
http://www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-contra-extraccom-quarzo-na-terra-cha
O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=245

No hay comentarios: