miércoles, 3 de junio de 2009

Os traballadores do metal ameazan con convocar unha folga indefinida

Os traballadores iniciaron a quinta xornada de folga cunha marcha pola cidade que partiu desde os estaleiros de Beiramar e Bouzas.

Os traballadores do metal, reunidos nunha asemblea no Concello de Vigo ameazaron con iniciar unha folga indefinida, ao non poder alcanzar un acordo coa patronal. Aseguran que os empresarios continúan «co seu mesmo discurso de sempre», a pesar da mediación da administración pública.
A próxima semana os paros no sector repetiranse o mércores e o xoves, mentres que para o venres os representantes dos traballadores convocaron unha folga xeral de todo o sector. A partir de aí, os sindicatos manexan a idea de convocar e desconovocar protestas intermitentemente e facerse así notar. Pediron aos traballadores que fagan un esforzo e que secunden as protestas que se irán convocando a partir da semana que vén; e é que os paros levados a cabo ata agora xa se viron reflectidas nas nóminas deste mes.

No hay comentarios: