miércoles, 3 de junio de 2009

«Puleva necesita a planta de Nadela, investimos moito alí»

A súa mensaxe é claro: o modelo de negocio de Puleva é distinto ao da «inmensa maioría» do sector, xa que o 80% do que comercializa son lácteos adaptados e só un 20% é leite básico. O subdirector xeral de Comercial e Mercadotecnia deste xigante do sector subliña a innovación e a diferenciación dos seus produtos como fórmula para «sortear» a crise mellor que a competencia, e despexa dúbidas sobre o futuro da planta que Puleva posúe en Nadela (Lugo). «Vivimos a nosa particular crise fai 15 anos, cando en 1994 suspendemos pagos, e daquilo extraemos moitas leccións», declara.
-Nun momento difícil, crítico para o sector lácteo, ¿cal é a situación de Puleva?
-O noso modelo de negocio é diferente e iso permitiunos sortear a crise de xeito relativamente satisfactorio, por iso non estamos padecendo as dificultades que, desgraciadamente, afectan aos nosos competidores. O noso é un modelo de valor, non de volume.
-Pascual acaba de anunciar o peche da súa planta galega. ¿Que plans teñen vostedes para a súa instalación de Nadela?
-Temos catro fábricas en España, estratexicamente situadas. Tivemos a sorte de que, entre o 2000 e o 2006, acometemos un proceso de reorganización e racionalización industrial e hoxe temos as fábricas que necesitamos: en Granada, en Sevilla, en Lleida e en Lugo.
-Así que non corre perigo...
-En absoluto. Alí procésanse entre 150 e 160 millóns de litros ao ano. é unha planta na que investimos 12 millóns de euros entre o 2003 e o 2008 na súa modernización, e isto ratifica a nosa aposta por ela. Goza dunha excelente saúde e abastece ao cuadrante noroccidental da Península polo que, logísticamente, temos que ter unha planta en Galicia. Ademais, é unha fábrica multiproducto de onde salguen, por exemplo, Puleva Calcio ou Puleva Omega 3, así como lácteos líquidos infantís, produtos de alto valor engadido, o cal garántelle a continuidade.
-¿Teñen previsto aumentar ou reducir o volume de produto que procesan alí?
-Non. No 2008 fíxose unha ampliación da súa capacidade produtiva do 30%. O noso volume alí é estable e no que traballamos é no proceso de substitución, é dicir, substituímos leites básicos indiferenciadas por leites adaptados que satisfán necesidades nutricionais dos distintos segmentos de poboación. Non pretendemos vender máis, senón mellor.
-Os produtores acusan á industria e á distribución de introducir leite foráneo e de baixa calidade a través das marcas brancas, co que os prezos se afunden...
-Non entramos na confrontación co sector nin coa distribución. Nós dedicámonos

No hay comentarios: